A asociación LiriCarnota, busca o encontro entre o bel canto e a poboación da súa contorna, mediante conferencias, espectáculos familiares, colaboracións con novas promesas do canto, e escolas musicais, así como a posta en escena de galas líricas con grandes voces do mundo da ópera.
Serán as persoas que como socias participan neste proxecto, colaboradores e patrocinadores os quen coa súa axuda e apoio, permitan a esta asociación, acadar os obxectivos propostos.